
Concello de San Sadurniño
February 4, 2025 at 10:53 AM
🥔 A Consellaría do Medio Rural publicou este luns a actualización do mapa de contención da couza guatemalteca da pataca, que trae para nós a novidade de que a parroquia de San Xurxo, en Moeche, deixará de ser zona infestada para pasar a ser zona tampón. Deste xeito, todas as parroquias limítrofes, como é o caso de Ferreira e Lamas, pasarán ser zona libre e xa non será necesario presentar declaración das plantacións.
Case sete anos despois de decretar a primeira corentena, San Sadurniño queda por fin libre de calquera restrición ou obriga para a sementeira e almacenamento de patacas.