
Concello de San Sadurniño
283 subscribers
About Concello de San Sadurniño
Canle de avisos e información de servizo público do Concello de San Sadurniño
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

⚽️ De venres a domingo dispútase o XIX Torneo de Fútbol 8 de San Sadurniño, organizado polo C.F San Sadurniño coa colaboración do Concello. Nel participarán 42 equipos prebenxamíns, benxamíns e alevíns de toda a volta. Arredor de 500 nenas e nenos gozarán do deporte (e tamén da piscina) durante estes tres días que implican un grande desafío loxístico para o club e para todas as persoas que fan posible este grande evento deportivo. https://sansadurnino.gal/san-sadurnino-sera-capital-do-futbol-base-comarcal-esta-fin-de-semana/

🔥 Hoxe é o último día para rexistrar as comunicacións das fogueiras do San Xoán e do San Pedro. ⚠️ Trátase dun trámite obrigatorio que debe facerse a través da Sede Electrónica municipal ou ben presencialmente (até as 14:00h en que pecha o rexistro), coa finalidade de levar un control das lumeiradas e saltas que se van celebrar no territorio, e co propósito de ter informado ao Distrito forestal. 📋 No formulario -que atoparedes na seguinte ligazón- hai que indicar o lugar da celebración e quen é a persoa responsable. Ademais, no momento, de asinar o documento tamén se asumen certos compromisos de seguridade. https://sansadurnino.gal/wp-content/uploads/2022/06/COMUNICACION-FOGUEIRAS.pdf

Acordádesvos de que este venres temos camiñada por Lamas, verdade?. O punto de encontro será no local social do Chao, desde onde sairemos dar unha volta moi doada polas veigas da parroquia. Se non o fixestes aínda, apuntádevos chamando ao 672 942 426. Ah, importante: poñede calzado cómodo e transpirable, gorra (tamén se debe botar antes crema solar, aínda que o día estea pechado) e non está de máis levar un botellín de auga.


https://sansadurnino.gal/san-sadurnino-acolle-este-xoves-unha-xornada-online-para-transformar-ideas-en-proxectos-emprendedores-viables/ Se tes unha idea de negocio e necesitas axuda para arrancar, esta actividade é unha boa maneira de poñerte en marcha. A consultora Implicatum ofrecerá este xoves pola mañá un interesante obradoiro en liña onde nos darán algunhas claves para que esa idea sexa unha realidade e que, ademais, sexa viable. A sesión é gratuíta, aínda que fai falla inscrición previa a través do 664 647 540 ou do correo [email protected].

Este venres culminamos a celebración das Letras Galegas con dúas propostas: 10:30h Casa da Cultura - "Desde Rosalía ata as Cantareiras". A Xanela do Maxín ofreceralle á rapazada de Educación Primaria do CPI un espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e tecnoloxía para enxalzar a herdanza das mulleres homenaxeadas polas Letras Galegas. En colaboración co programa Ler Conta Moito. 18:30h Casa da Cultura - Cine galego: "O Apóstolo". Dirixida por Fernando Cortizo -quen participou na última edición do Chanfaina lab- a cinta cóntanos a historia dun convicto fuxido de prisión que chega a unha pequena aldea onde tentará recuperar un botín escondido. Xente estraña, almas en pena e mesmo o arcipreste de Compostela tentarán impedirllo. A película, unha auténtica obra mestra da animación stop-motion, conta coas voces de Carlos Blanco e Luis Tosar, entre outros. O pase é con entrada gratuíta.


📄 A enquisa é totalmente anónima e facilitaranos datos moi valiosos para planificar actividades. Queremos eliminar calquera barreira que impida ou dificulte a participación nos programas municipais, especialmente a de aquelas persoas con responsabilidades familiares ou con horarios laborais pouco flexibles. 👩💻 Dános a túa opinión, só che levará uns minutos!!! https://sansadurnino.gal/o-concello-lanza-unha-enquisa-para-mellorar-a-participacion-da-vecinanza-nas-actividades-municipais/

https://sansadurnino.gal/imos-dar-unha-volta-na-bici-este-domingo/ 🚴♀️ Sansa en rodas bota a andar este domingo! A Concellaría de Deportes e o Club Biela E Chaveta inauguran este programa deportivo coa tradicional Ruta ciclista en familia, que este ano cambia o seu itinerario. Serán case 16 quilómetros moi doados (na ruta pode participar rapazada a partir dos 6 anos) por San Sadurniño, Ferreira e Lamas. 📍 Saída: CPI de San Sadurniño 🕚 Hora: 11:00h 📝 Inscricións ata este xoves 22 de maio ás 14:00h. (Na nova tedes o formulario de Google para vos apuntar) ‼️ Máximo 140 prazas... e xa van cubertas 110!! Actividade gratuíta con seguro incluído. Non perdas a oportunidade de compartir unha xornada en bici con toda a familia! 🚴 Ah, e prepárate porque de aquí a setembro teremos moita máis bici no noso concello. Tes máis info no enlace e nas nosa axenda de Google Calendar. ~https://sansadurnino.gal/imos-dar-unha-volta-na-bici-este-domingo/~

Atención aos establecementos comerciais: desde este martes 20 de maio estará aberto o prazo de adhesión ao programa Bonos Activa comercio da Xunta. O prazo para descargar e usar os bonos por parte das persoas usuarias publicarase en breve no DOG https://sansadurnino.gal/ata-o-15-de-decembro-adhesion-dos-establecementos-aos-bonos-activa-comercio/

Hai uns días informámosvos dos dous cursos de apicultura que ofrecerán o Concello e a Asociación Casa do Mel, un de iniciación agora en maio e outro sobre aproveitamentos da colmea no mes de setembro. Pois ben, ambas formacións acaban de incorporarse ao catálogo de cursos da Consellaría do Medio Rural e por este motivo as inscricións deberán facerse a través da plataforma en liña da Xunta de Galicia. Xa actualizamos a información co enlace á páxina dos cursos e os códigos que ten cada un. Se precisades axuda podedes contactar co técnico de Cultura no 616 332 919 ou co persoal da Casa do Mel 661 003 616. https://sansadurnino.gal/concello-e-casa-do-mel-reeditan-o-curso-de-iniciacion-a-apicultura-que-tera-segunda-parte-en-setembro/