
Concello de San Sadurniño
February 12, 2025 at 08:44 AM
https://sansadurnino.gal/atencion-persoas-autonomas-e-pemes-o-luns-as-900h-abre-o-prazo-para-varias-linas-de-axuda-do-pel-provincial/
O BOP publicou este martes catro convocatorias de axuda do programa PEL da Deputación da Coruña, dirixidas ao fomento do emprendemento, á contratación e mantemento de postos de traballo e á adquisición de equipamentos, ofrecendo así distintas vías de apoio ás persoas autónomas, microempresas e pequenas empresas da provincia.
O prazo de solicitude das catro subvencións abrirá o luns 17 de febreiro ás 9:00h e pechará o luns 17 de marzo ás 14:00h. O trámite deberá efectuarse a través da plataforma electrónica Subtel. Pode obterse máis información nesta ligazón á web sobre as liñas PEL Emprende e PEL PEMES.
Ademais, quen precise ampliar datos ou axuda coa solicitude tamén pode contactar co Técnico de Desenvolvemento local, Roberto Lindín, no 981 490 027.