Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
February 17, 2025 at 12:30 PM
Como parte da plataforma Queremos Galego! sumámonos á manifestación en defensa da lingua que percorrerá as rúas de Compostela este domingo. En colaboración co Concello de Moeche poñemos un autobús que sairá do pavillón de Moeche ás 10:15h e que parará diante do Concello de San Sadurniño ás 10:30h. Volveremos a iso das 14:30h. Se queres vir con nós desde Moeche, envía un correo a [email protected]. E se saes desde Sansa, apúntate en [email protected].

Comments