
Concello de San Sadurniño
February 21, 2025 at 09:46 AM
Hoxe veñen rockear a San Sadurniño Pakolas e máis Laura Romero. A partir das 18:00h festexaremos a nosa lingua e tamén celebraremos o aniversario de Rosalía. Apúntaste? "Cores, contos e rock'n'roll con Ramona Órbita" é un espectáculo para nenas e nenos cheo de música e humor. Recorda que tes que reservar en [email protected] ou no 616 332 919.