Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
February 24, 2025 at 07:50 AM
A Xunta convocou as probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación, que se desenvolverán os días 2, 3 e 4 de abril. No caso de San Sadurniño, onde se ofertan 20 prazas, o exame terá lugar o venres 4 de abril ás 12:00h na Aula CeMIT. O prazo para inscribirse nas probas remata este venres 28 de febreiro ás 23:59h. https://sansadurnino.gal/ata-o-28-de-febreiro-inscricion-nas-probas-de-competencias-dixitais-comdix-de-iniciacion/

Comments