
Concello de San Sadurniño
February 26, 2025 at 07:02 PM
Entre o 6 de marzo e o 7 de abril ás 14:00h poderedes solicitar as axudas autonómicas para instalar sistemas de depuración de augas residuais en vivendas unifamiliares. As axudas diríxense unicamente a sistemas de depuración mediante infiltración que conten cun mínimo de dúas cámaras e 2 metros cúbicos de capacidade (non valen foxas que só almacenen).
https://sansadurnino.gal/ata-o-7-de-abril-subvencions-para-instalar-sistemas-de-depuracion-autonomos/