
Concello de San Sadurniño
February 27, 2025 at 11:35 AM
O investimento necesario está cuantificado en algo máis de 104.000 euros, financiados nunha parte coas axudas do Plan Camiña Rural da AGADER. Con este programa repararase unha pista na Pena (Santa Mariña do Monte) e outra no Camiño Arriba, que suman en conxunto case 2 quilómetros da nosa rede viaria.
https://sansadurnino.gal/o-concello-redacta-un-proxecto-para-reparar-pistas-en-santa-marina-e-no-camino-arriba-con-cargo-ao-plan-camina-rural/