
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 8, 2025 at 07:56 AM
A BACÍA DO RÍO DE PUGA
A paraxe do río de Puga ao seu paso por Toén ten un rico patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural.
O lugar, como moitos outros deste municipio, atópase dentro dunha potencial área de explotación mineira. Ante as novas dos últimos meses dos intereses que hai en explotar unha canteira nesta zona, dende Amigos do Patrimonio comezamos unha serie de publicacións semanais de divulgación do patrimonio e historia que alberga, para que dende a veciñanza valoremos o que temos, e poidamos facer unha reflexión máis fonda sobre as consecuencias socioeconómicas e ambientais que pode ter na contorna.
A bacía do río de Puga conta con 12km, sendo a maior concentración de áreas fluviais do concello de Toén. Sendo este un tramo de río de Intereses Natural (Demarcación Hidrográfica Miño-Limia). Este nace no Castro pasando polos lugares de Trelle, Trellerma, Larelle, Fonte Larelle, Paredes, Igrexa de Puga, As Penelas e Puga, ata desembocar no Miño.
Coñecer, valorar e respectar os símbolos do noso pasado é fundamental para unha comunidade que queira ter futuro. Coidemos da Nosa Terra, por un futuro para Toén.
#patrimoniosencanteiras
❤️
👍
11