Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural WhatsApp Channel

Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural

125 subscribers

About Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural

▪️Información cultural e histórica ▫️Noticias en prensa ▪️Etnografía ▫️Asociacionismo local 🔘Concellos de Toén e Barbadás, antigua tenza medieval de “Terra de Louredo” Promotores: 🔴Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén 🟢 Asociación Porta da Cadea de Sobrado do Bispo

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
5/31/2025, 5:59:36 AM

O pasado venres a Asociación coordinou e participou nunha actividade cos *nenos e nenas do CEIP Saco e Arce de Toén* no *Castro de Trelle*. Alí os rapaces coñeceron este historico e senlleiro espazo, *aprenderon a facer lume* como na prehistoria ou mesmo *plantaron unha árbore e colocaron nel unha placa conmemorativa da visita!* Agardamos que a experiencia fose positiva para o seu futuro! Grazas á AFA do cole polos desprazamentos e difusión no cole, así como ao Concello pola doazón da árbore! A placa conmemorativa e explicacións correron a cargo da nosa Asociación!

Post image
❤️ 13
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
5/19/2025, 3:10:22 PM

O CAMIÑO DOS MORTOS DE COUXIL A TOEN Onte co gallo da festividade do Día das Letras Galegas organizamos unha andaina cultural por terras dos concellos de Cartelle e Toén, seguindo o chamado Camiño dos Mortos. Segundo consta na documentación da Diocese de Ourense, eclesiasticamente a freguesía de Santa María de Couxil pertencerá no Antigo Réxime á igrexa matriz de Santa María de Toén. Deste xeito, os habitantes do Couto, pese atoparse a máis de 11 km de distancia, dependerán do párroco de Toén e deberán soterrarse nesta parroquia. O caso de Toén é singular, pero non único. Outras localidades da denominada Terra de Montes, como Parderrubias ou Pereira pertencerán á freguesía de Sobrado do Bispo ata finais do século XIX, pese a non estar no mesmo Concello. Na actualidade aínda queda lembranza na memoria oral dos veciños e veciñas de Couxil e Toén, que antigamente os habitantes da localidade de Cartelle tiñan que desprazarse atravesando o monte dos Castros para poder soterrar aos seus familiares no cemiterio de Toén. Este camiño tiña 11,8 km, e atravesaría os lugares de Sabucedo de Montes, o Monte dos Castros (-a través da senda do val do Seixoso-), Trelle, Trellerma, A Verea (-Camiño Vello-), O Vilar e finalmente o cemiterio da localidade de Toén. Sen dúbida ambos espazos, e as localidades por onde transcorre o camiño que as conecta, pertencen a unha realidade histórica singular compartida que merece ser estudada e analizada con maior profundidade. Tanto nas tradicións populares e relixiosas (-Romaría do San Xoán-), como a nivel artístico (-Igrexas e capelas semellantes-) e histórico (-Tenencia de Búbal, Terra de Louredo, Foros na Idade Moderna-), as localidades de Couxil e Santa María de Toén están aínda na actualidade conectadas na lembranza e memoria oral a ambos lados do Castro de Trelle.

❤️ 5
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
6/6/2025, 6:07:19 PM

O vindeiro *sábado día 7* celebrarase no Campo de Bos Aires de *Trellerma a IV edición da Festa da Cervexa Artesá de Toén!* É un bo momento para lembrar que este *icónico espazo verde conta con 65 anos de vida*. A súa construción veu da man do veciño don *José Blanco Abad*, quen en *1960* decidiu presentar Trellerma ao I Concurso de “_Embellecimiento de pueblos de Orense_”, resultando premiado. O *apoio económico da emigración*, especialmente dos residentes na *Arxentina*, foi esencial para a construción deste espazo verde da nosa comunidade. Isto quedou reflectido no monólito do parque, que non deixa de ser unha *réplica en miniatura do Obelisco da Praza da República Arxentina de Bos Aires*.

Post image
❤️ 👏 💪 6
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
6/3/2025, 8:13:04 PM

Na fotografía, publicada en Vida Gallega en *1932*, aparece no centro *D. Luís Fernández Pérez “Xesta”*, figura clave da vida cultural ourensá, acompañado dos seus *alumnos de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ourense* durante unha saída de estudos, moi común naquela década. O grupo posaba fronte á *aldea de A Valenzá (Barbadás)*, entón un pequeno e humilde asentamento rural, con casas dispersas ao carón da estrada vella que unía Ourense con Celanova. *A imaxe recolle un tempo xa desaparecido, pois o lugar mudou radicalmente* e hoxe é unha contorna urbana densamente edificada, que pouco conserva da súa configuración orixinal.

Post image
👍 ❤️ 5
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
5/18/2025, 9:50:30 AM

Grazas polo éxito do noso roteiro cultural “Camiño dos Mortos” entre Couxil e Toén! Para o ano agardamos a todos por un roteiro que andamos argallando *ao carón do Miño!* Tamén este 17 de maio os nosos *amigos de Mugares* tiveron a participación no *Vibomask* en Viana do Bolo! *Estamos moi orgullosos destas iniciativas culturais en Toén no Día das Letras Galegas 2025*

Post image
❤️ 😍 11
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
5/19/2025, 3:10:20 PM
Post image
❤️ 👍 2
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
5/16/2025, 5:16:25 AM

O Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén acolleu o pasado mércores a fase nacional do *Desafío CanSat*. Neste, 18 equipos escolares de toda España lanzaron os seus minisatélites co obxectivo de recoller datos e enfrontarse a desafíos. Noraboa 👏!! A xornada deixa unha fermosa imaxe da nosa paraxe no momento no cal despega un dos satélites.

Post image
❤️ 👍 🌟 👏 👨‍🚀 7
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
2/5/2025, 9:03:44 AM

Cruceiro da Eirexa de Puga (Toén), antano atopábase nunha encrucillada no monte se Sequeiros, mais a día se hoxe atópase na praza do lugar.

❤️ 8
Image
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
2/3/2025, 6:25:38 PM

Reliquias do San Brais custodiadas na igrexa de San Pedro de Moreiras, en #Toén. O 3 de febreiro, día deste Santo, é unha das festas con máis tradición e máis queridas polos veciños desta parroquia. (Relicario de Moreiras e un artigo da festa do 3-02-1932 de La Región)

👍 2
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
2/6/2025, 7:48:18 AM

Xa temos publicado outros mapas máis antigos onde se representaba o castro de Trelle, como aquel plano do Couto Vello da Catedral aló polo s.XVII ou a súa representación na famosa Carta Xeométrica de Domingo Fontán no s.XIX. Hoxe traemos un croquis do horizonte da cidade de Ourense cara o Sur. Na esquina dereita podemos ver nomeado ao castro de Trelle, feito nas primeiras décadas do s.XX no estudo xeográfico da provincia de Ourense a cargo de Vicente Risco. 📖M.RISCO, V. (1928): Geografía General de Reino de Galicia, T. V Provincia de Ourense.

❤️ 👍 6
Image
Link copied to clipboard!