Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 15, 2025 at 10:10 AM
O Patrimonio etnográfico do río de Puga O río de Puga ao seu paso por lugares de parroquias do concello de Toén como Trellerma, Larelle ou Fonte Larelle conta cunha alta concentración de patrimonio de muíños, algúns deles reformados. A Leí de Patrimonio Cultural de Galicia (2016) califica os muíños como "ben de valor etnolóxico" por preservar a "identidade, a cultura e formas de vida do pobo galego ao longo da súa historia", quedando protexida unha franxa de 20m ao redor destes bens patrimoniais (art. 38). Coidemos da Nosa Terra por un futuro para Toén. #patrimoniosencanteiras
❤️ 6

Comments