Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 18, 2025 at 08:37 AM
A ORIXE DA IGREXA VELLA DE MUGARES Chamada na súa orixe San Martiño de Louredo: Igrexa ou Mosteiro fundado polo abade Senior en tempos do monarca Afonso II. A mediados do século IX o abade Astrulfo, sobriño e sucesor de Senior, indicará que o seu tío coa axuda de distintos relixiosos, apoderouse do lugar e igrexa de “Sancti Martini, quae ibi sita erat ex more antiquo”, e fundaría unha nova “Ecclesiam” na ribeira do Miño. Esta e outras vilas e igrexas, serían doadas ao Mosteiro de Celanova por petición do propio San Rosendo en tempos do monarca leonés Ramiro II, como consta no documento de doazón realizado no ano 941. Véxase FREIRE CAMANIEL, J. (1998): 754. O emprazamento desta igrexa ou eremitorio altomedieval segundo Juan Carlos Rivas Fernández estaría situado sobre a actual igrexa de San Martiño de Alongos, Véxase RIVAS FERNÁNDEZ, J.C. (1981): O lugar no que se atoparía situada esta fundación estaría errada, xa que semella máis plausible que o lugar exacto sexa sobre a actual capela de Nosa Señora das Angustias (Mugares). Esta capela, que conta con restos románicos, tamén e coñecida na localidade baixo o nome de “Igrexa Vella”, xa que ata finais do século XVI correspondía co emprazamento da Igrexa do beneficio de “San Martiño de Mugares”. Dita edificación relixiosa atoparíase nas inmediación do Monte Louredo, mentres que a Igrexa de Alongos estaría lonxe deste espazo. O promontorio de “Queimasapos”, que divide Mugares de Alongos, será a ladeira na cal se ergue a Igrexa de San Martiño de Alongos e non na do Monte Louredo como suxire Rivas.
❤️ 👍 7

Comments