Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 20, 2025 at 02:16 PM
HEMEROTECA "Salvajismo en Alongos" O 17 de febreiro de 1934 con este titular un corresponsal anónimo daba conta duns feitos ocorridos o domingo 11 de febreiro: "El pasado domingo en el pueblo de Alongos, un grupo de sujetos capitaneados por el alcalde en persona, se dedicó a cometer todo tipo de salvajadas. (...) Los susodichos elementos, con el mencionado alcalde, formando un grupo, anduvieron por el pueblo realizando todo tipo de obscenidades, escupiendo palabrotas y blasfemias, portando un crucifijo sobre el que ejecutaban cuantos sacrilegios se le ocurrían, desbordados de bestialidad y cinismo. (...)". O que se estaba a referir esta protesta era a unha comparsa ou teatrillo de Entroido, xa que era o Domingo desta festa. En Alongos era tradicional esta festividade na que se facían comedias e pendurábase un meco dun pau alto colocado na praza do Torrón. A igrexa foi sempre a gran perseguidora dos festexos do carnaval, na que se puña en entredito o poder establecido e á moral, sendo os cregos e os símbolos relixiosos motivo burlesco por parte dos oficiantes entroideiros. 📰Esta nova foi quitada do diario La Región (17/02/1934) mais a hemeroteca histórica deste xornal xa non é de consulta pública polo que só recollemos un anaco do artigo en cuestión.
❤️ 👍 😢 8

Comments