
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 22, 2025 at 07:14 AM
PATRIMONIO ARQUEOLOXICO: O megalitismo.
A paraxe do río de Puga ao seu paso pola parroquia de Toén conta con numeroso material lítico (é dicir ferramentas de pedra prehistóricas) atopado na área da Bragada-Vaca Vella.
Hai dúas necrópoles megalíticas compostas por varias mámoas na Bragada e os Cerdeiros (Costa do Muíño Novo), rexistradas e inventariadas dende 1991. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (2016) recolle que queda protexida unha franxa de 200m dende os bens de patrimonio arqueolóxico (art. 38).
Coidemos a Nosa Terra por un futuro para Toén.
#patrimoniosencanteiras
❤️
👍
8