Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 23, 2025 at 08:47 AM
CONTO DE ANTROIDO Sabías que? A primeira referencia que temos atopado da festividade do Entroido no concello Toén é un Domingo Corredoiro en Moreiras no 1876. No Tío Marcos da Portela do 4 de marzo de 1877 apareceu publicado un parrafeo co titulo "Conto de Antroido" unha anécdota que lle contou un mozo de Moreiras, da "Plana Maior dos Tanorios", de como un grupo deles enganara ao porteiro do Concello e convidárano a merendar na adega do alcalde, onde lle deron a comer gato por lebre. No Domingo Corredoiro era tradición en Moreiras celebrar pola tarde na Praza o xogo das olas. Consistía en lanzarse os uns aos outros unhas olas de ir a fonte pola auga, había que recollela e perdía a quen lle caía e escachaba. (Recollido por Gonzalo Nieto Cortiñas en Nós, 1929). Se queredes saber máis sobre o Ciclo do Entroido en Toén Tedes que vir hoxe a tarde ás 17h ao Local do Entroido do Moreiro (Mugares) as xornadas que se celebran.
❤️ 👍 🌟 9

Comments