Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
February 28, 2025 at 09:08 AM
A Praza do Eiró ou O Tellado (Mugares). Nestas datas de Entroido tiña moito protagonismo a Praza do Eiró ou o Tellado que temos en Mugares. Un espazo singular do que temos noticias dende o século XV. A mediados do XVII o Cabido da Catedral de Ourense era o propietario da maioría dos bens desta contorna. Isto queda reflectido nesta transcrición dun apeo do ano 1617: “Las heredades do Tellado que son vinas e montes do Nogeiro, do Baltorto, de Pena Ferrada, das Moriscas, Pena Redonda e Asegedo, todos ellos con las casas que estan en el Tellado, son del Cabildo sitos en Mugares.Comiença la demarcaçion en medio de las casas do Tellado, en una placeta donde esta una cruz de palo en una peña que esta en el caminoque va por la dicha plaça fasta la cruz das Moriscas, fasta la congostra que va por Asegedo, por el camino que va de Mugares para Toen, e de alli buelbepor el camino de la Corredoira hasta dar en dichas casas do Tellado. Entre todo esto no ai heredades ni viñas que no sean del Cabildo (…)”. Parece claro que sobre a actual praza, na que temos un cruceiro moderno de pedra, existiría no pasado outro de madeira erguido sobre unha peneda situada nas proximidades do actual lavadoiro. O espazo que está a falar sitúase entre os lugares do Tellado e Meaba. 📜ACOu. Tenencias, 5, Mugares y Alongos.
❤️ 👍 👏 10

Comments