Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
March 1, 2025 at 11:33 AM
PATRIMONIO ETNOGRAFICO No termo de Larelle ao carón do río de Puga (tamén chamado neste punto río de Larelle), temos un conxunto de tres muíños que comparten a mesma presa. De un deles coñecemos a súa historia pois temos referencias documentais que pertenceu ao avogado e político local, veciño de Alongos, Manuel Rolán (1817-1871) que foi un dos primeiros alcaldes de Toén. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (2016) califica aos muíños como "ben de valor etnolóxico" por "preservar a identidade cultura e formas de vida do pobo galego ao longo da historia". Queda protexida unha franxa de 20m ao redor destes elementos (art. 38). Coidemos da Nosa Terra por un futuro para o Toén. #patrimoniosencanteiras
❤️ 6

Comments