Concello de Ames
January 31, 2025 at 08:40 AM
🏃♀️💙 O CEIP de Barouta celebrou a súa carreira solidaria "Móvome pola paz" 💙🏃♂️
O 30 de xaneiro, máis de 400 persoas participaron na IX edición desta carreira, onde se recolleron alimentos e fondos para as vítimas do conflito en Gaza, a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA).
O obxectivo? Sensibilizar sobre os dereitos da infancia e apoiar aos máis necesitados. A recollida de alimentos segue aberta ata finais da próxima semana.
📍 Se queres colaborar, achega a túa doazón ao CEIP de Barouta!
🔗 Máis info: https://lc.cx/E0Ofux