
Concello de Ames
1.1K subscribers
About Concello de Ames
Canle de WhatsApp oficial do Concello de Ames WhatsAmes: 606 71 41 63 http://www.concellodeames.gal/
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

*Enreguéifate celebrará este luns a entrega dos galardóns deste ano, no que o IES do Milladoiro levou o premio á regueifa máis inclusiva* 🏆 🏅O auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá este luns, 19 de maio, ás 11.30 horas, a entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, unha cita na que o IES do Milladoiro, xunto co CEE Manuel Navalón, recibirá o seu galardón á regueifa máis inclusiva. 📹O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, #respecto e non discriminación. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4keynj7

*Bugallido, en festas! Esta fin de festexan a II Carballeira das Letras e o San Isidro* 🎼 🔸A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza esta fin de semana a segunda edición da Carballeira das Letras, unha iniciativa motivada polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ás cantareiras e a recollida popular. 🔸Os días 16 e 17 haberá diversas actividades relacionadas con esta conmemoración, coma faladoiros, obradoiros e concertos. 🔸E o domingo, a parroquia amesá celebrará a súa tradicional romaría de San Isidro, unha xornada para gozar de música e boa gastronomía! Non perdas detalle, toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43qQT2h

*Inscríbete e participa no torneo benéfico Raquetas en Acción* 🏸🏓 🔸O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio –a partir das 17.00h.–, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva. 🔸As inscrición pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago. 🔸Os participantes poderán elixir entre as modalidade de pádel, squash e tenis. 🔸A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario. 🧑🧑🧒🧒 Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas. Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FbkGCQ

*Centos de nenos e nenas participan na exhibición solidaria de medios da Garda Civil* 🙌🏻 A área deportiva de Bertamiráns acolleu unha impresionante exhibición de medios da Garda Civil 🚓🚁 Pola mañá, o alumnado dos centros educativos de Ames e da contorna puido coñecer de preto os servizos deste corpo 🚨, e pola tarde, de 16:00 a 18:00, a veciñanza tamén tivo a oportunidade de gozar da actividade. Ademais, levouse a cabo unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros 🥫, que serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoán de Ortoño. ❤️ Grazas a todas as persoas que colaborastes nesta iniciativa! Toda a ℹ️ e 📷 aquí: https://bit.ly/3YMDLlv

*Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría* 🗣️ 📆 Será na Casa da Cultura do Milladoiro o martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas. 🔹O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno. 🔹Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España. 🗓️Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a [email protected]. Data límite para inscribirse: venres 16 de maio. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Swvb6K

*O IES do Milladoiro celebrará a súa primeira “Semana Intercultural”, que traerá unha ampla programación cultural e educativa ao centro* 📖🏫 🔸Unha iniciativa que, baixo o lema “Somos Diferentes, Somos Referentes”, pretende crear no centro educativo nun espazo de encontro e celebración arredor da diversidade cultural e convivencia. 🔸Deste xeito, ao longo da vindeira semana, do 19 ao 23 de maio, o IES do Milladoiro ofrecerá unha ampla e intensa programación cultural e educativa, que contará coa participación de artistas, profesionais, asociacións e outros centros educativos. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4djl3HW

*A Escola de Kárate Dokkodo acadou oito medallas na 2º Xornada da Liga Galega de Karate* 🥋🎖️ A vila de Cedeira acolleu o pasado 10 de maio a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que o club amesán Escola de Karate Dokkodo conseguiu un total de oito metais (dous ouros, dúas prazas e catro bronces), situándose así entre os 11 primeiros do medalleiro💪🏻 Unha vez máis, o club amesán tivo unha participación moi destacada nunha cita que contou con karatekas do máis alto nivel e que demostra o gran momento polo que está a pasar o karate galego. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4jYFDQD

*Xa está aberto o prazo para participar na excursión a Carballolandia do programa Apego* 🌳 📍 O sábado 24 de maio imos de excursión a Carballolandia (Chantada) e ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao), na marabillosa Ribeira Sacra. 🕘 Saída: 09:30 h | 🕘 Regreso: 21:00 h 📍 Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) 💸 Actividade de balde! Só as persoas adultas deberán pagar a entrada do museo (3 €) directamente alí. Inscricións abertas, do 16 ao 23 de maio ✉️ enviando un correo a [email protected] co nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3ZbBDEb

*O Concello pon en marcha unha campaña de identificación das terrazas de Ames* 🍻 🔹Trátase da implantación dun cartel obrigatorio para as terrazas dos bares e restaurantes 🍽️ Este cartel, que deberá estar visible ao público, contén información clara e concisa sobre a capacidade, os metros cadrados ocupados, e o número da licenza municipal correspondente. 🔹Con esta iniciativa búscanse tres obxectivos fundamentais: facilitar as tarefas de inspección, garantir a igualdade de condicións entre todos os hostaleiros, e fomentar o civismo e a responsabilidade compartida. ℹ️ Dende o luns 19 de maio vanse a repartir os carteis entre os establecementos hostaleiros con licencia de terraza. Posteriormente, dende o 26 de maio farase unha inspección para revisar que as terrazas estean dentro da normativa municipal e dispoñan de autorización. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3YL2SFb

*Este venres péchase o Ames Cultural do primeiro semestre do ano coa representación de “Mulleres que viven soas #MQVS” en Bertamiráns* 🎭 🔸O espectáculo terá lugar no auditorio de Bertamiráns, ás 20.30 horas. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. 🔸Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4dlPLAy