
Concello de Ames
January 31, 2025 at 08:40 AM
📚✏️ Aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación ao inglés para maiores! ✏️📚
A Oficina de Voluntariado de Ames organiza un curso de inglés básico para maiores no Milladoiro, dirixido a aquelas persoas que desexen comezar a súa aprendizaxe na lingua.
📅 Inicia o 12 de febreiro
🕓 Mércores e venres de 16.00 a 17.00 horas
📍 Local Municipal, Rúa Agro do Medio nº8 (Antigo Centro de Saúde)
👩🏫 Gratuíto e impartido por unha profesora voluntaria
Hai 12 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. Para apuntarte, envía un correo a [email protected] ou chama ao 662 377 044.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/CjYJkk