
Concello de Ames
February 3, 2025 at 08:39 AM
🏛️ A Corporación municipal aprobou por maioría absoluta a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Esta actualización busca garantir a conciliación da vida laboral e familiar, priorizando o acceso das familias empadroadas en Ames.
🔹 Outros acordos do Pleno
✅ Aprobación por unanimidade dos novos modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros/as, que serán publicados no Portal de Transparencia do Concello.
✅ Resolución das alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do expediente de resolución do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, debido a incumprimentos da empresa concesionaria.
✅ Aprobación por unanimidade dunha moción do BNG para implantar medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións, promovendo campañas de sensibilización e colaboración con outras entidades.
📺 Podes ver a gravación do Pleno na canle de YouTube do Concello de Ames.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/UsRc9l