Concello de Ames
February 3, 2025 at 08:44 AM
🎶 O Apego continúa coa súa programación de febreiro cunha nova proposta musical: Ecoralia, a lambona ecolóxica, o novo proxecto de Pakolas, un espectáculo cheo de humor e rock infantil que pon o foco na importancia de consumir produtos ecolóxicos e coidar o medio ambiente. 🌱🌎
📅 Venres, 7 de febreiro
🕕 18:00 h
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
👉 O concerto está dirixido a público familiar e permitirá ás crianzas gozar da música ao mesmo tempo que toman conciencia sobre o medio ambiente, o cambio climático e o benestar animal. 🐾
📩 INSCRICIÓN ABERTA desde hoxe, 31 de xaneiro, ata o 6 de febreiro.
Para participar, é necesario enviar un correo a [email protected] con:
✔ Nome e apelidos das persoas asistentes
✔ Idade das crianzas
✔ Teléfono de contacto
⚠ As prazas asignaranse por orde de inscrición e non se admitirán solicitudes fóra do prazo.
MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/8cQu43