Concello de Ames
Concello de Ames
February 5, 2025 at 08:31 AM
🛠️ A Corporación municipal aproba por unanimidade os 19 proxectos do POS+ 2025! 🚧 O Pleno do Concello de Ames aprobou onte a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais “POS+ 2025” da Deputación da Coruña. O Concello destinará 444.207,42 euros a gasto corrente e 1.073.870,30 euros a seis proxectos de mellora en diversas parroquias. Ademais, tamén se aprobou a participación no POS+ Adicional 3/2025, que permitirá reducir a débeda municipal coa Deputación en 271.894,53 euros. 📺 Podes ver a gravación completa do pleno aquí 👉 https://www.youtube.com/live/JpMNdzLmPpU Consulta todos os proxectos aquí 👉 🔗 https://lc.cx/0hDuKA

Comments