
Concello de Ames
February 7, 2025 at 08:30 AM
🃏🤹♂️ Malabareando en familia! 🤹♀️🃏
Queres pasar unha tarde diferente cos teus nenos e nenas? O vindeiro xoves 13 de febreiro, ás 18:00 h, achégate ao Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e participa en "Malabareando", un divertido obradoiro de malabares no que pequenos e maiores poderán compartir aprendizaxe, risas e moita creatividade!
🎯 Para crianzas a partir de 6 anos, acompañadas dun adulto.
📍 16 prazas dispoñibles (sen contar os adultos).
📩 Inscricións en: [email protected]
🔗 Máis info: https://lc.cx/sUpPaW