
Concello de Ames
February 7, 2025 at 08:31 AM
🚧✨ Melloras viarias en Seares de Abaixo ✨🚧
O Concello de Ames continúa coa mellora das infraestruturas no rural! Xa están en marcha as obras de pavimentación dos viarios en Seares de Abaixo, na parroquia de Ames, cun investimento de 132.348 euros a cargo do POS+ 2024.
🏗️ Os traballos inclúen:
✅ Novo pavimento de formigón no núcleo
✅ Reparación e asfaltado dos accesos
✅ Mellora da recollida de augas pluviais
✅ Renovación da rede de abastecemento e iluminación
🔗 Máis info: https://lc.cx/Utvlv9