
Concello de Ames
February 10, 2025 at 08:43 AM
🎻✨ Concerto de música clásica no Milladoiro! ✨🎻
O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19:00 h, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o concerto "En clave clásica", unha oportunidade única para gozar de obras de Verdi, Weber e Beethoven interpretadas polos músicos do Centro Superior de Música de Galicia, baixo a tutela do mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Músikakademie.
🎼 Antes do concerto, os asistentes poderán descubrir os segredos dunha orquestra en directo: quencemento, afinación, preparación dos músicos e moito máis!
🎟 Entrada de balde 👉 Retira o teu convite na billeteira electrónica do Concello de Ames: https://abilleteira.concellodeames.gal/
Máis info nesta ligazón: https://lc.cx/urjNYn