
Concello de Ames
February 12, 2025 at 08:27 AM
🔄💜 Retómanse as xuntanzas da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero en Ames 💜🔄
O Concello de Ames reactivou en xaneiro os obradoiros de dinamización da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un espazo clave para fortalecer a coordinación entre CIM, profesionais da sanidade, educación, corpos de seguridade e servizos sociais.
📌 O obxectivo é mellorar a prevención e intervención, impulsar estratexias conxuntas e optimizar o funcionamento deste espazo de traballo.
📲 Máis información 👉 https://lc.cx/vXZCcr