
Concello de Ames
February 28, 2025 at 09:02 AM
*O IES do Milladoiro celebra o seu Entroido Intercultural cunha viaxe gastronómica polo mundo* 🌏
Será hoxe venres, 28 de febreiro, onde o centro se transformará nun contedor de convivencia positiva e diversidade cultural coa celebración do seu Entroido Intercultural 🎉🎭
Esta iniciativa lúdico-educativa ten como obxectivo poñer en valor a riqueza intercultural do centro, onde convive alumnado de 20 nacionalidades diferentes, e fomentar unha convivencia positiva entre toda a comunidade educativa 📖
Máis ℹ️🔗https://bit.ly/41fzY0p