
CEIDA Galicia
May 16, 2025 at 06:24 AM
*CONECTANDO COA NATUREZA. TALLER DE FOTOGRAFÍA*
Prezado/a amigo/a,
O CEIDA, co patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, organiza o *Taller de Fotografía ‘Conectando coa Natureza’,* impartido pola fotógrafa *Rebeca García Carro de Arteceibe* . A actividade pretende fomentar a conexión coa natureza a través da fotografía, proporcionando ás persoas participantes ferramentas creativas que lles permitan capturar e apreciar a beleza da contorna natural, mentres desenvolven habilidades e técnicas básicas nun ambiente relaxado e comunitario.
O taller terá lugar o vindeiro *sábado, 24 de maio* , no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e o seu xardín.
As prazas son limitadas. Máis información e inscricións: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/conectando-coa-natureza-taller-de-fotografia
