
CEIDA Galicia
May 22, 2025 at 10:00 AM
*DIÁLOGOS HUMBOLDT 2025*
Continuando coa labor de divulgación da figura de *Alexander von Humboldt* como un dos naturalistas máis importantes dos séculos XVIII-XIX e a súa vinculación coa cidade da Coruña, e fomentar a reflexión sobre o estado actual do medio ambiente e os retos aos que nos enfrontamos, o *CEIDA e a Autoridade Portuaria* organizan unha nova convocatoria dos *Diálogos Internacionais Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións.*
A actividade, dirixida a todos os públicos, terá lugar o *vindeiro xoves, 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), en horario de 10 a 14 h. no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)* .
As prazas son limitadas. Máis información e inscricións:
https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/dialogos-internacionais-humboldt-os-retos-ambientais-a-luz-das-suas-contribucions
