
CEIDA Galicia
May 27, 2025 at 12:06 PM
*OBRADOIRO POESÍA E NATUREZA – 2ª EDICIÓN*
Continuado coas actividades de creación literaria, abrimos a inscrición para a *2ª edición do Obradoiro de Poesía e Natureza* , que este ano leva o título *‘Árbores en pé. O poema que se alza’,* e que será impartido novamente pola escritora *Dores Tembrás (Apiario).* Unha actividade para aproximarnos a aquela poesía na que a natureza ten un papel protagonista, e en concreto traballaremos coas árbores como motivo central. O obxectivo será procurar aqueles aspectos que as árbores, como símbolo crucial da natureza, atravesan a cada participante.
O obradoiro terá lugar o *venres día 6 e o sábado día 7 de xuño* na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, nas antigas cabalarizas do *Pazo de Lóngora (Oleiros)* e as prazas son limitadas.
Máis información: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/obradoiro-poesia-e-natureza-arbores-en-pe-o-poema-que-se-alza
