
CEIDA Galicia
June 6, 2025 at 09:39 AM
*CURSO ‘VELANDO POLA NOSA RELACIÓN CO MAR. OS MARES DANNOS VIDA’.*
A *Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña* promoven unha nova edición do *Ciclo Avances* , en colaboración co *proxecto Oceans+ do CSIC,* o *S* *istema de Observación Costero de las Illes Balears (SOCIB)* , a *Universidade de Santiago* e o *CEIDA* , centrado nos principais desafíos que marcan a nosa relación como sociedade co mar, abordando catro aspectos clave para Galicia: como observamos o mar para determinar o seu estado, como lle está a afectar o cambio climático, como se están a organizar as actividades no mar, ou como se están a xestionar os recursos que extraemos del, entre outras.
O curso ‘Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida’ terá lugar do *16 ao 19 de xuño* , con modalidade presencial ou online.
Máis información: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-velando-pola-nosa-relacion-co-mar-os-mares-dannos-vida
