
GCiencia
May 14, 2025 at 05:25 PM
*O tesouro de Conxo*
No sur de Santiago, entre a liña de tren e os muros do vello psiquiátrico, agóchase o bosque de Conxo. É unha das mostras de auténtica fraga galega, testemuña de feitos históricos como o banquete entre a intelectualidade e a clase obreira compostelá que prendeu a chama do Rexurdimento. Durante máis dun século esquecido e enterrado no abandono, o bosque vese agora atravesado por unha senda ciclista de cemento que levantou en pé de guerra á veciñanza deste barrio con alma de pobo independente. 👉 https://shorturl.at/fQ9a1
👍
😮
🇵🇸
💪
🪔
9