
GCiencia
May 16, 2025 at 11:50 AM
*A represión franquista nos psiquiátricos galegos*
A historiadora Noelia Vázquez quitoulle o po a máis de 800 historias clínicas e rescatou do esquecemento os casos de represión franquista nos psiquiátricos galegos. O tema que centra a súa tese relata unha situación de morte, fame e precariedade asistencial. Moitos foron internados sen que tiveran ningunha enfermidade mental e permaneceron en observación durante meses por non responder ao comportamento socialmente esperable.
Contámoscho aquí 👉 https://lc.cx/WiS2J9
☠
🤦♂
2