
GCiencia
May 17, 2025 at 09:32 AM
Feliz Día das Letras Galegas! 🎶
O 17 de maio sempre é unha data marcada no calendario. É a forma de homenaxear a quen contribuíu a darlle prestixio á nosa lingua, a evitar o estigma e a combater os prexuízos. Este ano, ademais, condecórase ás cantareiras, as grandes transmisoras (e conservadoras) da cultura oral galega 🗣️
Non obstante, nos 62 anos de Letras Galegas a presenza feminina é moi escasa. Malia que nos últimos sete anos se fixeron catro recoñecementos, queda moito traballo por facer. Repasamos as máis ilustres poetas e escritoras: dende Rosalía ata as cantareiras 👉https://www.gciencia.com/perspectivas/onde-estan-as-mulleres-so-sete-homenaxes-en-62-anos-de-letras-galegas/
❤️
💜
❤
🩵
🙏
14