GCiencia
GCiencia
June 2, 2025 at 05:02 PM
*Os misterios da serra do Suído* Pezas con séculos de historia e vestixios do pastoreo tradicional. Unha nova campaña arqueolóxica do CSIC está a investigar antigas estruturas e pezas, como chozos de pedra utilizados polos gandeiros, datados de entre o século XVI e o XVIII. Estes traballos, aínda en fases iniciais, pretenden afondar nas orixes do pastoreo na serra do Suído e contribuír á defensa dun patrimonio cultural que segue sen ter a protección adecuada para un espazo arqueolóxico tan importante. Un lugar, ademais, cheo de lendas e outros misterios👉🏽 https://shorturl.at/LUdLF
👍 ❤️ 3

Comments