Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural
June 6, 2025 at 06:07 PM
O vindeiro *sábado día 7* celebrarase no Campo de Bos Aires de *Trellerma a IV edición da Festa da Cervexa Artesá de Toén!* É un bo momento para lembrar que este *icónico espazo verde conta con 65 anos de vida*. A súa construción veu da man do veciño don *José Blanco Abad*, quen en *1960* decidiu presentar Trellerma ao I Concurso de “_Embellecimiento de pueblos de Orense_”, resultando premiado. O *apoio económico da emigración*, especialmente dos residentes na *Arxentina*, foi esencial para a construción deste espazo verde da nosa comunidade. Isto quedou reflectido no monólito do parque, que non deixa de ser unha *réplica en miniatura do Obelisco da Praza da República Arxentina de Bos Aires*.
Image from Terras de Louredo - Canal de Difusión Cultural: O vindeiro *sábado día 7* celebrarase no Campo de Bos Aires de *Trelle...
❤️ 👏 💪 6

Comments