
Concello de Marín
June 2, 2025 at 12:38 PM
🚢 O mércores 4 de xuño, de 09.00 a 11.00 horas, o Museo Municipal Manuel Torres acollerá a xornada "Puertos del sur de Galicia", unha iniciativa do Clúster da Función Loxística de Galicia e a Xunta de Galicia, na que colaboran o Concello e a Autoridade Portuaria do Porto de Marín.
✔ O obxectivo é falar sobre a internacionalización das pymes a través da loxística marítima nos portos do sur da comunidade, promovendo o crecemento do emprego, a diversificación económica, a innovación e a mellora das infraestruturas.
👉 Estará impartida por Jesús Paz Arias e as inscricións poden realizarse a través dos mails 📩 [email protected] e [email protected]
