
Concello de Ames
May 14, 2025 at 07:18 AM
*Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría* 🗣️
📆 Será na Casa da Cultura do Milladoiro o martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas.
🔹O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.
🔹Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.
🗓️Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a [email protected].
Data límite para inscribirse: venres 16 de maio.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Swvb6K