Concello de Ames
Concello de Ames
May 14, 2025 at 07:19 AM
*O Concello pon en marcha unha campaña de identificación das terrazas de Ames* 🍻 🔹Trátase da implantación dun cartel obrigatorio para as terrazas dos bares e restaurantes 🍽️ Este cartel, que deberá estar visible ao público, contén información clara e concisa sobre a capacidade, os metros cadrados ocupados, e o número da licenza municipal correspondente. 🔹Con esta iniciativa búscanse tres obxectivos fundamentais: facilitar as tarefas de inspección, garantir a igualdade de condicións entre todos os hostaleiros, e fomentar o civismo e a responsabilidade compartida. ℹ️ Dende o luns 19 de maio vanse a repartir os carteis entre os establecementos hostaleiros con licencia de terraza. Posteriormente, dende o 26 de maio farase unha inspección para revisar que as terrazas estean dentro da normativa municipal e dispoñan de autorización. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3YL2SFb
👍 2

Comments