Concello de Ames
Concello de Ames
May 15, 2025 at 07:52 AM
*Bugallido, en festas! Esta fin de festexan a II Carballeira das Letras e o San Isidro* 🎼 🔸A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza esta fin de semana a segunda edición da Carballeira das Letras, unha iniciativa motivada polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ás cantareiras e a recollida popular. 🔸Os días 16 e 17 haberá diversas actividades relacionadas con esta conmemoración, coma faladoiros, obradoiros e concertos. 🔸E o domingo, a parroquia amesá celebrará a súa tradicional romaría de San Isidro, unha xornada para gozar de música e boa gastronomía! Non perdas detalle, toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/43qQT2h

Comments