
Concello de Ames
May 15, 2025 at 07:53 AM
*Enreguéifate celebrará este luns a entrega dos galardóns deste ano, no que o IES do Milladoiro levou o premio á regueifa máis inclusiva* 🏆
🏅O auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá este luns, 19 de maio, ás 11.30 horas, a entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, unha cita na que o IES do Milladoiro, xunto co CEE Manuel Navalón, recibirá o seu galardón á regueifa máis inclusiva.
📹O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, #respecto e non discriminación.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4keynj7