
Concello de Ames
May 15, 2025 at 07:53 AM
*Centos de nenos e nenas participan na exhibición solidaria de medios da Garda Civil* 🙌🏻
A área deportiva de Bertamiráns acolleu unha impresionante exhibición de medios da Garda Civil 🚓🚁 Pola mañá, o alumnado dos centros educativos de Ames e da contorna puido coñecer de preto os servizos deste corpo 🚨, e pola tarde, de 16:00 a 18:00, a veciñanza tamén tivo a oportunidade de gozar da actividade.
Ademais, levouse a cabo unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros 🥫, que serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoán de Ortoño.
❤️ Grazas a todas as persoas que colaborastes nesta iniciativa!
Toda a ℹ️ e 📷 aquí: https://bit.ly/3YMDLlv