Concello de Ames
Concello de Ames
May 20, 2025 at 07:58 AM
*A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nunha gala na que se entregaron os premios do Enreguéifate 2025* 🙌🏻🙌🏻 💬O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu na mañá de onte a gala de entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar a improvisación oral en verso en lingua galega. 🗣️En representación do Concello de Ames acudiu o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, e o persoal do SNL. 🏆O alumnado do IES do Milladoiro recibiu o premio á regueifa máis inclusiva, polo traballo realizado en colaboración co CEE Manuel Navalón. O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, respecto e non discriminación. Toda a ℹ️ e 📸🔗 https://bit.ly/3ZrImJY

Comments