Concello de Ames
Concello de Ames
June 2, 2025 at 08:16 AM
*A foliada das Letras do CEIP A Maía pecha as actuacións celebradas no marco do Modo Galego Actívao!* 👅🎶 O pasado venres 23 de maio, o CEIP A Maía encheuse de música, baile e tradición para celebrar o Día das Letras Galegas 2025 cunha foliada participativa que fixo vibrar a toda a comunidade educativa. 🔸Contamos coa animación dos grupos das escolas tradicionais de Bugallido, formados por nenos, nenas e persoas adultas que nos agasallaron co seu saber facer. 🔸Ademais destes grupos convidados, as mestras cantareiras do CEIP A Maía tocaron e cantaron varias pezas e o alumnado do centro acompañounas cantando e bailando. 🔸Esta actividade contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística municipal, dentro do programa Modo Galego, Actívao!, unha iniciativa que achega a lingua galega ao día a día dos centros de ensino. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4jsSw4a

Comments