Concello de Ames
Concello de Ames
June 3, 2025 at 07:29 AM
🌍 *Volve o Encontro Intercultural a Ames!* Este sábado 7 de xuño, a partir das 14:00 h, a praza da Maía (Bertamiráns) será un punto de encontro de culturas, sabores e músicas do mundo. 🍛 Degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades 🎶 Actuacións musicais da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka. A xornada está organizada polo Concello de Ames e conta coa colaboración da Asociación de Peruanos de Santiago e da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI). Toda a ℹ️ da xornada aquí 🔗https://bit.ly/43FY85v

Comments