
Concello de Ames
June 4, 2025 at 07:44 AM
*Volven os Encontros Literarios coa presentación de “A gran final” de Xaquín Núñez Sabarís* 📖
ℹ️ Será este xoves, a partir das 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
Desta volta, será a presentación do libro “A gran final. Contos e contas do fútbol galego”, unha obra coordinada por Xaquín Núñez Sabarís que conta coa colaboración de varios autores, xornalistas e personalidades do mundo do fútbol.
Ademais da presenza de Núñez Sabarís, estarán presentes no encontro outros autores e colaboradores da obra: Lito Vila Baleato, Patricia Janeiro, Jesús Torres e Camilo Franco.
Máis info aquí 🔗 https://bit.ly/43WYaXM