
Concello de Ames
June 4, 2025 at 07:45 AM
*Pedro Blanco e Blas García abordan xunto coa Corporación a evolución de proxectos de interese para o municipio como a construción dun novo acceso dende a SC-20 cara a avenida do Muíño Vello e o parque empresarial Novo Milladoiro* 🚧
🔹O delegado do Goberno, Pedro Blanco, visitou na mañá de onte a Casa do Concello de Ames, onde foi recibido polo alcalde, Blas García, concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos políticos do Partido Popular, BNG e Espazo Común.
🔹Durante a recepción institucional tamén se abordaron outros temas como a reconversión nunha senda do vello tramo ferroviario Fraiz-A Moniña; o estado de conservación da Ponte Maceira; a liberalización da AP-9 e o acceso á vivenda da veciñanza de Ames.
🔹Na visita, tamén se achegaron ata a Casa da Cultura de Bertamiráns onde estes días 2, 3 e 4 de xuño está prestando servizo unha das novas unidades móbiles de expedición do DNI e pasaporte da Policía Nacional.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3ZBuf5d
❤️
2