
Concello de Ames
June 5, 2025 at 08:00 AM
*O Milladoiro acolleu unha xornada de debate arredor do presente e futuro das comunidades enerxéticas* ☀️
🔹 Participaron a subdelegada do Goberno, María Rivas; o alcalde de Ames, Blas García; e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo.
Todos destacaron o papel clave das administracións públicas na creación destas comunidades e os beneficios que poden traer para a veciñanza.
🔹Ao longo da mañá de onte houbo diferentes mesas de debate nas que se afondou sobre a afectación xurídica das comunidades enerxéticas; a transición enerxética e o funcionamento da OTC de Ames; e os distintos programas de actuacións, financiamentos, achegas e demais axudas para a creación de comunidades enerxéticas.
Se queres saber máis sobre esta xornada, clica aquí 🔗https://bit.ly/4mL239R
