
Concello de Ames
June 6, 2025 at 07:51 AM
*O Pazo da Peregrina acolle este sábado a VI Festa do Apego cunha chea de actividades para as familias* 🧑🧑🧒🧒
ℹ️ Será este sábado, 7 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, desde as 11.00h da mañá ata as 21.00h da noite.
💬🎴🎭Ao longo da xornada poderase gozar de contos con música, xogos, concertos, teatro, obradoiros, espazos de xogo, espazos de creatividade e espazos de recursos.
👅Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego.
Todas as actividades da festa son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa.
Aquí tes máis ℹ️ e o cartel do evento 🔗https://bit.ly/3HGvaLb
